CRTVG

Buscar

Primeiro caso de coronavirus detectado en España

Publicado o 31/01/2020 23:53

* Os españois repatriados da China estarán ingresados no Gómez Ulla 14 días

• Un galego en corentena nun transatlántico que fai rutas pola China | A compañía non ten sospeitas de que haxa ningún infectado

• Precauci&

    Primeiro caso de coronavirus detectado en España. O positivo deuno un dos 5 cidadáns alemáns illados no Hospital da illa canaria de La Gomera. Contaxiouse tras estar en contacto en Alemaña cunha persoa afectada polo coronavirus. Os outros catro seguen á espera dos resultados das análises. Todos eles foran ingresados e illados no hospital canario en observación tras coñecerse que estiveran en contacto en Alemaña cun paciente diagnosticado de infección por coronavirus. Os 5 son turistas e chegaron a La Gomera este mércores.     Tal e como está previsto no protocolo, este sábado haberá unha xuntanza ministerial de avaliación e seguimento do coronavirus. A reunión estará presidida polo titular de Sanidade, Salvador Illa.     Tamén ingresaron no hospital militar Gómez Ulla de Madrid os españois repatriados da cidade de Wuhan. Alí permanecerán 14 días en cuarentena malia que ningún deles presenta síntomas do coronavirus. En total son 21 persoas, que foron trasladadas nun autobús escoltado por varios vehículos da Policía Nacional ata o centro hospitalario. Foron acomodados en habitacións do andar 17.
    No mesmo aparello que os españois voaron outras 5 persoas; catro daneses e un noruegués. Todos eles partiron xa da base de Torrejón de Ardoz cara aos seus países de orixe.