Os españois en Wuhan reclaman a repatriación
Son un grupo de 20 persoas, case todos contratados polo equipo de fútbol de Wuhan. Algúns estaban no aeroporto, a piques de coller o avion a España e comezar as vacacións, cando as autoridades chinesas decidiron illar a cidade para conter a expansión do virus. Quedaron atrapados e, o que tomaron nun principio como unha molestia, acabou convertendose nunha urxencia. Aseguran que o virus se estende con moita rapidez e piden que o Goberno os repatríe para evitar contaxiarse. Os seus familiares iniciaron unha peticion online que en apenas 6 horas xa conseguiu mil cincocentas sinaturas.
O Goberno anuncia que está traballando na súa evacuación. A ministra de Asuntos Exteriores, Arancha González, asegura nas redes sociais que están adoptando medidas conxuntas coas autoridades chinesas e da UE.
Son xa 80 as vítimas mortais e o numero de casos roza os tres mil. O Goberno chinés decidiu prolongar as vacacións do Ano Novo lunar, tanto nos centros escolares como nas empresas, ata o 3 de febreiro, para previr máis contaxios.