CRTVG

Buscar

Os escolares e a veciñanza de Ourense manteñen viva a tradición dos Maios malia a pandemia

Publicado o 30/04/2021 14:49

O profesorado e o alumnado do instituto 12 de Outubro de Ourense elaboraron un maio. Non ten tantos elementos naturais coma outros anos, pero ao seu maio con material recliclado incorpáronlle os carrabouxos.

E malia o coronavirus, non esqueceron tampouco compoñer as coplas. Así manteñen viva a tradición de festexar a primavera.

Non será a festa de sempre, pero unha iniciativa veciñal promove sacar os maios á rúa, un só en cada praza, e no 12 de outubro tamén van sacar o seu maio de paseo.

Manter o espítiro dos maios na rúa e tamén nas redes sociais, no perfil da iniciativa Cantádeme un maio, poderanse ver os maios de Ourense, escoitar as coplas e tamen retrasmitirán por Youtube un concerto.