Os escaparates xa anuncian a chegada do Entroido e aumenta a venda de disfraces
Estamos en tempo de Entroido e de troula, e iso xa se empeza a notar nas vendas de disfraces e accesorios. Este ano os personaxes de películas e series marcan as eleccións dos máis pequenos, mentres que os adultos optan por personalizar os traxes. Malia que este ano hai novidades, o que de seguro nunca fallan son os de princesas, policias, animais ou pallasos.
Os escaparates xa anuncian a proximidade do Entroido, e as vendas comezan a animarse aínda que timidamente.
Este ano as películas e series televisivas marcan en boa medida as eleccións dos traxes dos máis pequenos chegando algún deles a estar xa case esgotado.
Porén os adultos optan máis polos complementos para facer traxes personalizados.
Fronte aos disfraces tradicionais que sempre triunfan, cada ano incorpóranse algúns máis innovadores.