CRTVG

Buscar

Os escaparates locen este ano máis decorados ca nunca

Publicado o 07/12/2020 21:14

Cando o concello prendeu as luces da rúa, os escaparates do Calvario xa estaban asi de preparados.

Nesta óptica había anos que non amosaban este Belén tradicional e pensaron que era a mellor ocasión para rescatalo, e nesta libraría a tradición é adaptar o nacemento aos gustos dos seus clientes.

Reciclados, sinxelos, clásicos ou profusamente decorados, case ningún escaparate renuncia á ambientación das festas.

Se o Nadal ven revirado, no que está da man dos comerciantes vaise notar o menos posible.
 

Noticias web

07/12/2020