Os ERTE prorróganse catro meses coas mesmas condicións
• A CEOE dá luz verde ao acordo para prorrogar os ERTE
• O Goberno non inclúe elevar a 35 anos o cálculo das pensións na reforma enviada a Bruxelas
Ata o 31 de maio, os ERTE seguirán cubrindo o 70 % do salario. Seguirán tendo dereito a esa prestación mesmo os traballadores que aínda non cotizasen o mínimo legal. As empresas terán as mesmas exencións no pago das cotizacións que ata agora e a cambio tamén seguirán suxeitas á mesma prohibición de despedir.
Yolanda Díaz, ministra de Traballo, explicou que "a cláusula do mantemento do emprego permanece inalterables para todas as empresas que se acollan a un ERTE. Faino por 6 meses e ademais nace ex novo".
O custo da nova prórroga superará os 5.000 millóns de euros. Tamén se vai prorrogar nos mesmos termos que ata agora as axudas extraordinarias aos autónomos afectados pola pandemia.
Sobre a proposta de reformas enviado a Bruxelas, o ministro Escrivá confirmou que na das pensións non se inclúe a elevación do cómputo aos 35 anos da vida laboral: "o que lles trasladamos á Comisión Europea é o reflexo de como imos ir despregando as distintas recomendacións aprobadas no Pacto de Toledo. A parte máis sustancial estámola discutindo en detalle cos axentes sociais e mentres tanto, permitanme que non entre en detalles".
A outra gran reforma, a laboral, Yolanda Díaz explicou que o documento que xa estuda a comisión inclúe todos os aspectos pactados no seu día no acordo de coalición.