CRTVG

Buscar

Os erros nas dúas áreas castigan o Lugo no Anxo Carro

Publicado o 20/04/2019 20:50

Unha falta e un penalti propician os tantos granadinos.

O erro de Cristian Herrera marcou o encontro, pero non foi o único. Vieira por exemplo amosouse incapaz de aproveitar un pase atrás e disparou fóra nunha posición favorable.

O Lugo tamén pagou a lesión dun dos seus homes máis en forma, Tete Morente, no minuto vintetrés que o obrigou a deixar o campo e foi substituido por Gerard Valentín.

E atrás concedeu facilidades como este remate de Antonio Puertas totalmente libre de marca no que remata ao poste.

Ou esta apertura da barreira que lle acabou custando o primeiro gol granadino marcado por Vadillo. Na repetición vemos como Luis Ruiz deixa un oco polo que pasa a pelota.

As decisións arbitrais tamén desquiciaron aos lucenses, sobre todo esta agresión de Puertas a Vieira castigada con carton amarelo para os dous e que lle vai impedir ao central portugués enfrontarse As Palmas na vindeira xornada.

Pouco despois o colexiado sinalou penalti neste derrubo de Josete a Rodri que Adrián Ramos se encargou de transformar no minuto 71.

O Lugo tivo poder de reacción e tres minutos despois recurtou diferenzas por medio de Cristian Herrera tras aproveitar un centro de Gerard Valentín. Oitavo gol do canario na Liga.

Herrera, sen embargo, non puido festexar o empate na acción seguinte, pero sí que o fixo o Granada que acababa de salvar tres puntos e gañar fóra despois despois de tres partidos.


 

Noticias web

20/04/2019