CRTVG

Buscar

Os erros groseiros que están a condenar o Celta

Publicado o 19/09/2021 16:29

Cando acabou o partido co Cádiz, Coudet marchou pensativo e enfilou a sala de prensa, e por primeira vez sinalou un xogador.

Fontán, un rapaz de 21 anos, que non fixo nada diferente ao de Denis unha semana antes en Madrid  ou ao de Carlos Dominguez en Pamplona: errar. Porque o problema do Celta non é que falle Fontán, senón que fallan todos. E que os erros se reproducen, como calcados, xornada tras xornada, como naquel día da Marmota. Esa falta lateral na que marcou este venres o Cádiz xa a vimos unha semana antes no Bernabeu. Esa carencia de concentración, de tensión, tralo rexeitamento do penalti que lle custou o segundo ante o Cádiz tamén a encontramos unha semana antes en Murillo e no despiste na liña de fóra de xogo. Erros groseiros que sinalaba Coudet, deses que custan puntos. Reparen en como soltan Aidoo e logo Murillo as marcas nos centros laterais.

O Celta é o equipo máis goleado da Liga. E ten por diante no calendario a Levante, Granada e Elxe. Coudet xa apuntou necesidade.

Máis a solución non pasa por sinalar na sala de prensa e si por ser conscientes do problema e traballalo.

Noticias web

19/09/2021