Os equipos de rescate recuperan oito corpos tras o último naufraxio en Lanzarote
Publicado o 26/11/2020 09:10
A cifra de falecidos no naufraxio dunha lancha en Lanzarote ascende a oito. Os equipos de rescate recuperaron os últimos catro cadáveres o mércores pola mañá.
A embarcación en que viaxaban entre 30 e 40 magrebís esnafrouse contra o dique do peirao de Órzola o martes á tardiña. Dos vinte e oito sobreviventes, sete aseguran que son menores de idade.