CRTVG

Buscar

Os equipos de Primeira sofren para derrotar rivais de inferior categoría

Publicado o 06/01/2021 21:47

Día de Reis e día de Copa. Quince partidos disputáronse na xornada festiva. Pasouno mal o Granada, clasificouse cun gol ao final da prórroga. A Cultural Leonesa, un clásico da Copa, adiantouse aos 3 minutos. Marcou Rovirola. Empatou Jorge Molina aos dezanove minutos e mantivose a igualada a pesar das numerosas ocasions dos leoneses... clarísima a de Pipo, xa na prorroga, tras unha espectacular xogada individual. O futbol foi cruel coa Cultural porque a continuación chegou o gol de Darwin Machis que clasificou o Granada, cun erro garrafal do porteiro Zubiaurre.

Tamén pasou o Betis despois de empezar mal. Adiantouse o Mutilvera aos 4 minutos cunha falta lateral. Marcou Briñol. Pero remontaron os andaluces antes do decanso con senllos goles dos seus laterais Miranda, de falta directa e Emerson, desde fota da ara. Os de Pellegrini sentenciaron no segundo tempo cun terceiro gol de Juanmi.

Madrugaron o Levante e o Elxe, os dous primeira pasaron de rolda na matinal. O Levante sufriu co Portugalete. O gol inicial de Sergio León igualouno o conxunto vasco a balón parado. Sacou o meta Cárdenas pero o remate de Musy xa traspasara a liña. Non foi ata o minutto 92 que volveu marcar o Levante para evitar a prórroga, outra vez Sergio León fai o 1-2 definitivo.

O Elxe gañou en La Nucía, a penas a 75 km, cun único gol... sacou o porteiro, asistiu de cabeza Guido Carrillo e o resto fíxoo Lucas Boyé. Os alacantinos están nos dezaseisavos de final da copa do rei.

 

Noticias web

06/01/2021