CRTVG

Buscar

Os equipos de emerxencias realizan un simulacro en Salvaterra para preparar a loita contra os incendios

Publicado o 10/06/2021 14:09
Os equipos de emerxencias realizan un simulacro en Salvaterra para preparar a loita contra os incendios

Simulacro de incendio forestal con posible afectación a núcleo habitado esta mañá en Salvaterra do Miño. Os equipos de emerxencias continúan os ensaios para estar preparados para calquera eventualidade de cara a este verán.

Estes simulacros serven para compropar a efectividade das cadeas de traballo, o material, que inclúe o uso de areonaves non tripuladas, e o sistema de coordinación de medios dos distintos corpos.

Participou o 061, protección civil, corpos das forzas de seguridade e bombeiros, nesta ocasión tamén do veciño Portugal.


 

Noticias web

10/06/2021