CRTVG

Buscar

Os equipos da Segunda B preparan as súas "finais"

Publicado o 24/03/2021 21:37

Proba de que a última xornada é unha final o Rácing foi a Fene, ao campo sintético de Maniños, para preparar o partido contra o Unionistas, que xoga sobre a mesma superficie e na que os dous equipos porán en xogo unha praza para o grupo de ascenso. O racinguista Nathan séntese favorito: "O Rácing é o favorito. Xogamos unha final". 

Racing, Deportivo e mesmo Compostela aspiran a meterse entre os tres primeiros e desprazar o Celta B. O filial xoga no campo do Coruxo que só perdeu un partido no Vao e necesita os puntos para a segunda fase.

Borja Yebra: "Necesitados tamén estamos. Penso que o Celta vai xogar máis cos resultados que se vaian dando noutros partidos.

O Deportivo recupera a Mujaid, que estivo aillado por contacto COVID. Ten que gañarlle o Zamora en Riazor e que fallen Celta B ou Unionistas. Ata pode valerlle un empate.

Borja Galán: "As últimas vitorias déronnos un ánimo tremendo. Ainda que está difícil e non depenmdemos de nós, afrontamos a fial do domingo con moitísima esperanza".

Para que a carambola favoreza ó Compostela terían que fallar os tres galegos. Juampa: "Está moi difícil porque últimamente os tres equipos están a facer grandes partidos. Temos que facer o noso e logo coller o móbil e ver que fixeron os demais".

O Compostela líbrase da tensión que seguro se palpará noutros campos.

Noticias web

24/03/2021