CRTVG

Buscar

Os encoros na comarca da Barbanza, en niveis mínimos

Publicado o 04/08/2020 15:04

O encoro da Fervenza, en Mazaricos, está ao 58% da súa capacidade total, 18 puntos menos que durante a mesma semana do ano pasado. Tal foi o descenso que rexistrou o seu volume de auga que, en apenas oito semanas, perdeu 23 hectómetros cúbicos.

Nunha situación semellante está o encoro Barrié de la Maza, preto do 60%, segundo os datos de Augas de Galicia, 24 dun total de 31 hectómetros cúbicos segundo os datos da última medición.

Xunto co de Santa Uxía, ningún dos tres encoros que están na Barbanza son destinados ao abastecemento dos fogares, o seu estado si é representativo das repercusións que a seca pode ter na zona se se mantén a ausencia total de choiva.

Noticias web

04/08/2020