Os empresarios galegos, preocupados pola escalada de prezos na enerxía
Os empresarios galegos consideran razoable e "perfectamente asumible" o primeiro paquete para a reforma das pensións.
Na reunión do Comité Executivo celebrada hoxe en Ourense, a Confederación de Empresarios de Galicia foi máis dura coas reformas fiscal e laboral. Consideran que non é o momento de abordar unha nova suba do Salario Mínimo Inteprofesional, e pídenlle ao Goberno maior flexibilidade en materia de emprego e rebaixas na presión fiscal sobre as empresas. Tamén se amosaron preocupados pola escalada de prezos na enerxía e materias primas.
Juan Manuel Vieites, presidente da Confederación de Empresarios de Galicia: "A competitividade de sectores produtivos estratéxicos galegos vaise ver prexudicada en relación con esa volatilidade. Tanto a automoción e axuliares como a construcción e a loxística entre outros, pódense ver moi afectados en relación con esta cuestión".