CRTVG

Buscar

Os empresarios de Pontevedra quedan na CEG, pero con condicións

Publicado o 14/12/2020 21:24

Os empresarios de Pontevedra van permanecer na Confederación de Empresarios de Galicia. Decidírono por unanimidade na súa asemblea xeralPensaran en abandonala despois do fracaso do último proceso electoral que rematou coa retirada do novo presidente ás poucas horas de ser elixido.

Os empresarios pontevedreses din que permanecerán na patronal galega por responsabilidade e en defensa dos intereses de Galicia. Aínda así poñen condicións. Non presentarán candidato ás novas eleccións, previstas para xaneiro, e traballarán para acadar un consenso antes das votacións para que non se repita o vivido no último proceso electoral. Esixirán do novo presidente un cambio de actitude á fronte da Confederación de Empresarios de Galicia.

Noticias web

14/12/2020