CRTVG

Buscar

Os empresarios de gasolineiras expresaron o seu malestar polo decreto de servizos mínimos

Publicado o 17/04/2020 15:26

Os empresarios de gasolineiras expresaron o seu malestar polo decreto de servizos mínimos que, segundo din, empeora a situación do sector.

A Federación Galega de Estacións de Servizo pide que se eliminen impostos como o IVE, IRPF e IBI a quen probe que as súas vendas caeron un 75% durante o estado de alarma. Asegura nun comunicado que cos horarios establecidos no decreto de servizos mínimos non teñen flexibilidade e que están obrigados a abrir en franxas horarias de menor afluencia. Segundo din, nalgúns casos as vendas caeron ata un 90% e hai ocasións en que só teñen un vehículo para botar combustible en todo o día.

Noticias web

17/04/2020