Os 'emojis', palabra do ano en España sen ser unha palabra
Publicado o 30/12/2019 15:31
Estes pequenos símbolos xa forman parte da nosa vida diaria e desempeñan un papel destacado na nosa comunicación. A Fundación del Español Urgente concede aos 'emojis' a distinción de palabra do ano 2019. Entre os que máis usamos están os que mostran estados de ánimo, pero hai quen aposta por escoller algún moi orixinal.
Dende a Fundéu deixan claro que non se trata de que as emoticonas substitúan as palabras, senón que son elementos que contribúen a acadar o fin último de todas as linguas: a comunicación entre as persoas.
E é que, dende a súa aparición nos anos 90, estes símbolos foron evolucionando de tal xeito que, na actualidade, son o maior expoñente dunha linguaxe universal.