Os embargos de vivendas hipotecadas dispáranse no segundo trimestre deste ano
Publicado o 07/09/2021 12:41

Os embargos de vivendas hipotecadas disparáronse no segundo trimestre do ano. Os datos do INE revelan que as execucións hipotecarías foron 3.243, un 253 por cento máis ca o ano anterior. Non se rexistraba unha cifra tan elevada dende o primeiro trimestre do ano 17. En Galicia producíronse 154 execucións de vivendas.