CRTVG

Buscar

Os embargos de vivendas habituais aumentan un 84,1 % nos tres primeiros meses do ano

Publicado o 04/06/2021 09:23
Os embargos de vivendas habituais aumentan un 84,1 % nos tres primeiros meses do ano

Os embargos de vivenda habitual por impagamento dun crédito hipotecario aumentaron un 84,1 % nos tres primeiros meses de 2021, segundo publicou este venres o Instituto Nacional de Estatística. As 3.207 execucións hipotecarias son a cifra máis alta en catro anos.

Segundo os datos do INE, 682 das execucións non foron residencia habitual dos seus propietarios, o cal supón un 22,3 % máis. Por comunidades autónomas, Andalucía liderou os embargos a vivendas, seguida pola Comunidade Valenciana e Cataluña. As que rexistraron menor número foron Navarra, A Rioxa e Estremadura.

 

Noticias web

04/06/2021