CRTVG

Buscar

Os electrodomésticos intelixentes facilitan a adaptación a novos hábitos de consumo enerxético

Publicado o 31/05/2021 20:47

Fornos programables en remoto a través de aplicación móbiles, frigoríficos que nos permiten revisar a lista da compra..., son os electrodomésticos intelixentes.

Adecúan o gasto enerxético ás necesidades, o que sumado ao consumo eficiente, que indica a etiquetaxe, permite aforros significativos para o peto do consumidor.

Polo de agora, os galegos amosan un interese relativo por este tipo de aparellos que teñen prezos máis elevados.

Mais un consumo eficiente non só busca reducir a factura da luz senón que tamén implica consumos máis responsables e sostibles.

 

Noticias web

31/05/2021