Os drons sobrevoan Lugo para evitar aglomeracións durante o San Froilán
Publicado o 07/10/2021 21:01
Controlan desde o aire en tempo real todo o que acontece no feiral do San Froilán. Para isto o equipo de seguridade dispón de catro drons que coas súas imaxes advirten de calquera incidencia ou aglomeración.
Voan a 20 metros de altura durante 25 minutos enviando imaxes aos ordenadores de control. A perspectiva aérea pode permitir desde localizar unha persoa perdida ata controlar que non se concentre máis xente do debido.
Algo moi importante se temos en conta que os vixilantes contan un por un cada visitante que chega ao recinto, que ten unha cabida máxima de 5.000 persoas.