CRTVG

Buscar

Os docentes que cheguen a impartir clases sen máster en Galicia terán que formarse

Publicado o 23/11/2020 14:35

No eido educativo, Galicia segue adaptando as decisións do Goberno central á súa realidade. Desta volta, a que permite, de xeito excepcional, contratar profesores sen máster durante a pandemia. Segundo explicou o conselleiro de Educación, aquí a medida afecta uns 800 dos preto de 15.000 inscritos en listas. Só se vai aplicar en casos moi concretos e terán a obriga de formarse.

Román Rodríguez engade que "dende Galicia non compartimos que se poida ser profesor sen ningún recurso pedagóxico, pero no caso hipotético de que así sexa, temos que estar preparados para que estes profesionais poidan ter unha formación específica que lles posibilite facer fronte ao reto pedagóxico que é impartir unha clase".

 

Noticias web

23/11/2020