CRTVG

Buscar

Gandeiros na cidade: os derradeiros da Coruña

Publicado o 05/04/2021 15:11

As pequenas explotacións gandeiras foron desaparecendo de Galicia nas últimas décadas. Cada vez é máis complicado atopar casas onde as vacas formen parte da familia. Pero facelo en plena cidade é aínda máis insólito. É o caso da Coruña.

Maruja, Pastora, Camila e Morena. Son as catro vacas que Luis agarima acotío. Todos os días, sen perdoar un, Luis saca as vacas da corte que ten pegada á súa casa en San Pedro de Visma e tráeas a esta verde pradeira onde gozan de paz e tranquilidade. Aquí comen, só pasto que nace na leira e millo que planta Luis exclusivamente para elas. E así pasan a vida, algunha leva aquí máis dunha década.

De cando en vez teñen algunha cría que Luis vende ou sacrifica para ter carne na casa. Preto delas están estas ovellas de Ángel. Gozan da mesma tranquilidade e das mesmas vistas privilexiadas da cidade herculina. Tanto unhas coma outras viven nestes paraxes naturais que aínda se resisten a desaparecer para deixar paso ao crecemento da cidade.

 

 

 

Noticias web

05/04/2021