CRTVG

Buscar

Os dermatólogos sinalan a importancia do coidado da pel durante o confinamento

Publicado o 10/04/2020 14:31

Os dermatólogos advirten dos efectos nocivos que o órgano máis grande do noso corpo, a pel, pode sufrir como consecuencia dos 27 días que levamos illados.

Neste tempo de confinamento apenas nos expoñemos á luz do sol, e iso provoca un déficit de vitamina D, que, sumado ao estrés, pode provocar irrritación ou sequidade.

A causa da pandemia, lavamos constantemente as mans ou usamos xeles hidroalcólicos. Este exceso de hixiene tamén pode provocar reaccións adversas na pel que podemos evitar.

Durante o illamento tamén abusamos do uso de pantallas, que emiten luz azul, nociva para a saúde da pel.

Non hai grupos máis vulverables ante estes efectos nocivos do confinamento, na pel, así que cómpre que todos extrememos o seu coidado.

Noticias web

10/04/2020