CRTVG

Buscar

Os deputados de En Marea votarán en contra dos orzamentos do Estado, se non hai melloras para Galicia

Publicado o 19/01/2019 19:05

Luís Villares pídelles aos parlamentarios de En Marea"firmeza e contundencia" na negociación co PSOE e o goberno de Pedro Sánchez. Nunha rolda de prensa ofrecida xunto á parlamentaria Alexandra Fernández, Villares dixo que é "inaceptable" a diferenza de 38 puntos no cómputo de investimentos dos orzamentos destinados a Galicia, se se compara coa media estatal.

Asegurou que a posición de voto dos parlamentarios de En Marea fixará a dirección do partido instrumental e con autonomia politica de Unidos Podemos.

Noticias web

19/01/2019