CRTVG

Buscar

Os dentistas insisten na necesidade de revisións tras ver as consecuencias que a pandemia deixa nas dentaduras

Publicado o 30/06/2021 16:20

Agora que se lle vai dando un descanso ás máscaras, volve a preocupación máis polo sorriso. Os dentistas xa constataron que a covid pasoulle factura á nosa boca. O estrés derivado da pandemia e, sobre todo, o uso continuado da máscara empeorou a nosa saúde dental.

E alertan do incremeto de problemas de enxivas e do bruxismo. Tamén doutras patoloxías máis graves como o cancro bucal, que se detecta agora de xeito máis tardío. Por iso piden que sigamos facendo as revisións periódicas.




















 

Noticias web

30/06/2021