CRTVG

Buscar

Os demócratas xuntan os votos para lanzar o xuízo político contra Trump

Publicado o 26/09/2019 20:03

Segundo o reconto de varios medios estadounidenses, 219 congresistas, todos eles demócratas agás un independente, decántanse por apoiar a apertura do xuízo político contra Donald Trump. A cifra supera por primeira vez a maioría necesaria para pór en marcha o proceso. De ser así, pasaría ao Senado, de maioría republicana e onde a destitución do presidente necesitaría unha maioría de dous terzos.

Este xoves coñeceuse o documento do que naceu o escándalo: é a queixa por escrito que presentou en agosto un membro da intelixencia estadounidense alertando de que Trump estaba usando o seu poder no cargo para intentar que outro país interferise nas eleccións de 2020. O que está pasando aquí non ten precedentes, admitía ante o Comité de Intelixencia, JosephMaguire, máximo responsable da espionaxe dos Estados Unidos.

O denunciante describe tamén os intentos da Casa Branca de eliminar a chamada dos rexistros...De broma ou caza de bruxas volveu tachar Trump o asunto. Nega que a conversa do 25 de xullo co presidente deUcrania incluíse presións para que Vladimir Zelensky investigase as actvidades no seu país do fillo de Joe Biden, precandidato demócrata ás presidencias do ano que vén. A oposición sostén o contrario, e cre que a paralización de axudas ao país europeo formaba parte da presión, extremo que terán que demostrar para forzar a destitución do presidente.

Noticias web

26/09/2019