CRTVG

Buscar

Os demócratas apuran os prazos para destituír a Trump

Publicado o 13/01/2021 09:03

A Cámara de Representantes, de maioría demócrata, sacou adiante esta iniciativa, que é a solicitude formal para destituír a Donald Trump. 

A resolución pídelle ao vicepresidente Mike Pence que active a emenda 25 da Constitución para declarar a Trump incapaz para exercer os labores do seu cargo. 

Pero o vicepresidnete Pence xa deixou claro que non o faría por entender que son xogos políticos nun momento moi grave da vida do país. 

De ser así, hoxe mesmo a Cámara de Representantes volverá votar e aprobar, con toda seguridade, a apertura dun segundo xuízo político a Donald Trump para tratar así de que o Senado, de maioría republicana, o destitúa uns días antes de que finalice o seu mandato e Joe Biden asuma a presidencia. 

Trump, que onte se desprazou ata Texas para unha última visia ao valado fronteirizo con México, dixo que o intento dos demócratas de abrirlle xuízo politico era a maior caza de bruxas da historia da política, e considerouno ridículo e perigoso. 

Noticias web

13/01/2021