CRTVG

Buscar

Os cribados en Tomiño e Oia permiten detectar 43 positivos en covid-19

Publicado o 11/01/2021 16:35
Os cribados en Tomiño e Oia permiten detectar 43 positivos en covid-19

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) localizou 43 positivos de covid-19 nos concellos de Tomiño e Oia, na área sanitaria de Vigo, tras levar a cabo senllos cribados masivos. En Tomiño foron confirmados 18 positivos, despois de que se someteran voluntariamente ao tests 1.606 persoas das 2.197 que citou o Sergas, o cal supón unha participación do 73,10 por cento.

En Oia os positivos foron 25 entre as 1.284 persoas que se someteron a un test PCR. Nesta ocasión, os citados foron 2.124 e responderon afirmativamente o 60,45 por cento deles. Os cribados poboacionais masivos son unha técnica que utiliza o Sergas para tratar de localizar positivos asintomáticos, aos que considera máis perigosos á hora dunha potencial expansión do virus. 

Noticias web

11/01/2021