CRTVG

Buscar

Os cribados detectan máis positivos asintomáticos en Marín

Publicado o 27/04/2021 15:24

A área sanitaria de Pontevedra-O Salnés é a terceira de Galicia en número de contaxios e Marín, o concello que rexistra os peores datos. Malia ter menos poboación que o de Pontevedra, xa o supera en número de contaxios, e unha boa parte deles estase a detectar nos cribados.

Nós últimos 14 días rexistráronse 86 novos contaxios, o que eleva as infeccións activas a 94 e a incidencia acumulada a 354 casos por 100.000 habitantes. A transmisión está sendo moi rápida e os principais gromos están identificados no porto e nos centros educativos.

Marín está dende o venres no nivel alto de restricións. A veciñanza da por feito que, se non é na reunión do comité clínico deste martes, será na do venres cando anuncien a suba do concello ao nivel máximo de restricións, o que implica o peche perimetral do municipio.

Noticias web

27/04/2021