CRTVG

Buscar

Os cribados de Vilanova permitiron detectar nove casos asintomáticos

Publicado o 18/04/2021 19:31

Cribados que van dando o seus froitos. Os rastrexos desenvoltos en Vilanova de Arousa permitiron dectectar nove casos asintomáticos.

Fixéronse probas á poboación xeral e tamén aos estudantes dos colexios e institutos do concello. En total, o Sergas convocara unhas 3.100 persoas, das que participaron un 70 por cento, segundo os datos facilitados polo Concello.

Con algo máis de dez mil habitantes, Vilanova suma 28 casos activos este domingo e mañá luns entra no nivel medio de restricións.



 

Noticias web

18/04/2021