CRTVG

Buscar

Os coruñeses agardan que axiña prendan a todos os responsables da malleira mortal

Publicado o 07/07/2021 14:20

Tranquilos e aliviados. Así din sentirse os coruñeses tras coñecer a noticia da detención de tres persoas, dous mozos e unha moza de 20 a 25 anos. Moitos din seguir sen palabras ante este asasinato, pero agardan que se faga xustiza. Entrementres, a beirarrúa onde lle deron a malleira mortal a Samuel segue enchéndose de mostras de cariño e mensaxes de ánimo.

Entres elas hai a carta dun pequeno de tan só 11 anos en que lle di a Samuel que o que lle fixeron é imperdoable, que a xente ten que saber que as persoas teñen dereito a querer a quen queiran, que segue sen crer o que lle fixeron e que por favor deteñan os responsables. Di que o sente de corazón e remata con "menos violencia e máis respecto". Ninguén quere que se esqueza este brutal asasinato para que non volva repetirse nada semellante.

Noticias web

07/07/2021