CRTVG

Buscar

Incrementan a vixilancia nas terrazas para garantir que se cumpran as normas

Publicado o 02/03/2021 14:42

Despois de varios días, parece que hai quen non ten claro que nas terrazas hai que ter a máscara posta excepto cando se consome ou que non está permitido fumar en lugares de tránsito.

Os axentes da Policía Local e Nacional incrementan a súa vixilancia para, polo de pronto, informar a todos aqueles que andan despistados.

Algo que os hostaleiros ven con bos ollos porque a algún aínda lle custa. Tamén os clientes consideran que estes días é bastante necesaria a presenza dos corpos de seguridade para que non nos esquezamos da situacion que seguimos a vivir. 

A partir de día 5 o que agora son avisos pasarán a converterse en multas. Os hostaleiros teñen de prazo ata este venres para aplicar as novas medidas do plan de hostalaría segura. 

Noticias web

02/03/2021