CRTVG

Buscar

Os controis en Sanxenxo buscan evitar o desembarco de turistas en Semana Santa

Publicado o 21/03/2021 14:40

Os controis da ponte do San Xosé comezaron o xoves ao serán. A arma esencial está sendo, como nos ensina a dotación da Policía Local, o lector de matrículas: un escáner. Os coches de fóra identifícanse sen problemas.

O mesmo control das estradas repítese no interior de cada vila. Este primeiro día de primaveira, co sol á altura das circunstancias, as terrazas comezan a encherse. Segue en pé a norma da metade da capacidade. Sanxenxo, a vila turística por excelencia das Rías Baixas, está sendo un bo medidor do resto da comunidade autónoma, porque aquí máis da metade das propiedades inmobiliarias pertencen a persoas de fóra do municipio e de Galicia.

Xa se fala desta ponte como dun ensaio xeral para a Semana Santa que está á vista.

Noticias web

21/03/2021