CRTVG

Buscar

Os controis afectan tamén concellos lindeiros cos perimetrados

Publicado o 16/11/2020 14:29

Non cómpre vivir nunha zona perimetrada para ter que pasar o filtro nas contornas dos concellos pechados. Os da Laracha, por exemplo, quedan unha illa, e malia a baixa incidencia da covid, deben atravesar perímetros tanto se van cara á Coruña como se van cara a Carballo. E, por suposto, deben presentar os seus motivos aos axentes.

A normativa aínda foi unha sorpresa para algúns que non levaban o necesario xustificante. "Debe levar un xustificante para comprobar a veracidade do que vostede nos di", explícalle o axente a un condutor que di que é estudante, pero que non presenta o carné da universidade.

Moitos puideron proseguir, outros deron a volta tras ser informados e apercibidos, e outros volveron para a casa, pero cunha proposta de sanción.

Noticias web

16/11/2020