CRTVG

Buscar

Os contrarios á independencia en Cataluña superan os partidarios da secesión, por primeira vez dende o 1-O

Publicado o 10/05/2019 20:00

Os cidadáns de Cataluña que se opoñen á independencia superan os partidarios, segundo o CIS catalán.

A enquisa do Centro d'Estudis d'Opinió di que o 48,6 por cento non quere un estado independente, fronte ao 47,2 que apoiarían a secesión.

É case un empate técnico, pero tamén amosa un cambio de tendencia: é a primeira vez dende a celebración do referendo do un de outubro en que o non á independencia supera o si.

Noticias web

10/05/2019