CRTVG

Buscar

Os contaxios seguen medrando na área da Coruña

Publicado o 05/01/2021 14:41

Hoxe na Coruña hai 340 casos activos máis que hai sete días. O virus descontrólase na rúa. Nas últimas 24 horas rexistráronse 87 novos casos, chegando así a un total de 1.224.

Un panorama que segundo os médicos do CHUAC podería empeorar aínda máis nos próximos días, porque preocupa especialmente a celebración do Día de Reis.

Toda a comarca coruñesa está baixo unha vixilancia especial. Se as cifras non remiten, o venres o comité clínico podería adoptar medidas máis restritivas.

Noticias web

05/01/2021