CRTVG

Buscar

Os contaxios por covid-19 esténdense por case toda Cataluña

Publicado o 20/07/2020 14:36

Os casos de coronavirus esténdense por boa parte de Cataluña, especialmente en Barcelona e a súa área metropolitana, onde residen máis de 3 millóns de persoas.

A capital catalá adiantaba este domingo a Lleida como o concello con máis casos novos diagnosticados por PCR, 803 nos últimos sete días dos que existen datos fiables.

A pesar deste incremento na incidencia do virus, o número de novos casos por volume de poboación, segue sendo máis alto no Segriá, onde esta fin de semana os hospitais rexistraron 152 ingresos de pacientes con covid-19 dos que unha vintena pasaron a UCI.

En Euskadi, o departamento de Saúde confirma 114 positivos por coronavirus nas últimas 24 horas, máis da metade deles en Guipúsvoa."Estiven no cámping de Zarautz e dous da miña cuadrilla deron positivo, e por iso fixen a proba".

"A filla maior deu positivo e fixéronnos o PCR para os da familia que somos os que restamos e agora se damos positivos teremos que dar a lista de todos os contactos".

En Cantabria, dous novos brotes esta fin de semana suman 22 novos contaxios e en Aragón, as autoridades sanitarias informaron de 587 novos contaxios diagnosticados nos últimos dous días, a maioría deles en Zaragoza.

Noticias web

20/07/2020