CRTVG

Buscar

Os contaxios dispáranse na área sanitaria de Vigo con máis de cen nun só día

Publicado o 07/07/2021 14:56

A área sanitaria de Vigo é a que máis crece de toda Galicia e suma máis de cen contaxios nas últimas 24 horas. Cifras preocupantes que confirman a tendencia ascendente dos últimos días nesta área que sofre unha repunta con 106 novos positivos, un aumento que eleva os casos activos ata os os 572, é dicir, máis do dobre dos que se contaban hai unha semana cando se rexistraban 280 pacientes coa enfermidade. No que respecta á situación nos centros hospitalarios suman un ingresado máis, en total hai cinco en planta, a boa noticia é que as UCI dos centros hospitalarios de Vigo continúan libres de pacientes con coronavirus.

Noticias web

07/07/2021