CRTVG

Buscar

Os contaxios descenden en España, pero seguen aumentando os falecidos

Publicado o 08/02/2021 18:54
Os contaxios descenden en España, pero seguen aumentando os falecidos

O ministerio de Sanidade notificou 47.095 novos positivos de covid−19 desde o venres. Iso supón un descenso respecto aos contaxios rexistrados a anterior fin de semana (93.822), pero seguen aumentando os falecidos. Este luns notificáronse 909 mortes máis, fronte ás 762 que se contabilizaron o luns pasado.

A presión nas UCI apenas varía, xa que se sitúa no 43,1 (fronte ao 43,8 % do venres), aínda que o número de enfermos en coidados intensivos descende en 63 pacientes, ata 4.732.

Ademais, rexístrase un novo descenso da incidencia acumulada ata os 667,44 casos por cada 100.000 habitantes nos últimos 14 días, 83,4 puntos menos que o venres.