Os contaxios caen en Galicia un 35 por cento desde que están en vigor as restricións
Os novos contaxios baixaron un 35 por cento dende que entraron en vigor as restricións, o día 27 de xaneiro. Parece que ese esforzo que estamos facendo todos comeza a dar os seus froitos. E aínda que esta é unha tendencia xeral en toda Galicia quixemos botarlles un ollo aos tres concellos onde se implantaron antes as limitacións pola alta incidencia do virus neles. Son os de Viveiro, Arteixo e Xinzo da Limia, que viven con restricións dende unha semana antes ca o resto dos concellos.
Empezamos polo de Viveiro, onde o descenso é acusado. Aí ven a curva. O 21 de xaneiro, día en que se implantaron as restricións máis duras, tiña 266 casos activos e este sábado 17 días despois ten 94. Son 162 contaxiados menos.
Tendencia similar vemos en Xinzo de Limia. A día 21 o número de contaxiados era de 221. Nas últimas horas notificáronse 97: 124 casos menos.
Baixa, aínda que a menor ritmo, o concello de Arteixo. Comezou o 21 de xaneiro con algo máis de 500 casos. Este sábado son 435.