Os consumidores denuncian abusos nas comisións bancarias
Publicado o 09/02/2021 17:37
Nos últimos anos, as entidades aumentaron as comisións que lles cobran aos clientes, xa sexa a xa clásica comisión por mantemento da conta ou ben mediante outros conceptos.
"Están poñendo un tributo por ter unha conta, están cobrando unha taxa para que ti teñas iso, que non se debería"
As asociacións de usuarios din tamén que moitas veces os bancos disfrazan eses cargos con maiores vinculacións a produtos, o que fai que moitas veces os usuarios non detecten esa suba nos custos.
"A vinculación abusiva que vinculan a esa conta, pode ser un seguro, ou pode ser ter un préstamos, ou pode ser un tema dunha hipoteca"
Detrás disto din dende Adicae, están os custos asociados ás recentes sentenzas xudiciais contra a banca.