CRTVG

Buscar

Os construtores de Lugo denuncian atrancos por parte da Policía Local para realizar obras

Publicado o 07/02/2019 21:12

En diferentes obras da cidade de Lugo que afectan a vía pública recibíronse estes días avisos da Policía Local advertindo de posibles sancións por incumprimento da ordenanza que esixe un plan de tráfico que garanta a seguridade de condutores e peóns. Algunhas mesmo foron paralizadas. Os construtores cren que detrás destas actuación policiais está o conflito entre a policía e o equipo de goberno do Concello por cuestións laborais. Por iso, pedíronlle á alcaldesa que lle poña fin a esta situación. Dende a policía negan calquera outra intención que non sexa a de velar pola seguridade dos usuarios das vías urbanas.

Limitámonos a aplicar a ordenanza que obriga a que haxa un plan de tráfico debidamente establecido para cada obra. O máis importante é a seguridade.

A normativa di que debe ser o xefe de policía o que asine os plans de tráfico, pero como en Lugo ese posto segue vacante é o xefe de enxeñaría quen os asina. A policía di que o problema non é quen asina o plan, senón que en moitos casos o plan non existe e por iso se ven obrigados a advertir das posibles sancións ou parar as obras. Tanto as asociacións de construtores como o equipo de goberno rexeitaron facer declaracións aducindo que non queren entrar en polémicas.

Noticias web

07/02/2019