Os condutores rexeitan o cobro das autovías que propón o Goberno central
Publicado o 19/10/2021 14:47
O Goberno central traballa na implantación dun modelo de pago polo uso das autovías e a noticia crispa os condutores.
A medida rexéitana tamén dende o sector dos transportes. Advirten da perda de competitividade que afectará especialmente a zonas periféricas como Galicia.
Ao volante, os camioneiros tamén amosan o seu enfado. Dende a Race advirten de que este tipo de medidas aumentan a sinistralidade ao derivarse o tráfico a estradas secundarias.
Mentres tanto, as comunidades descoñecen cal sería ese modelo de pagamento. Todos coinciden en que unha medida así precisa de debate e diálogo entre os sectores afectados.