CRTVG

Buscar

Os condutores quéixanse da localización do radar de Conxo

Publicado o 09/04/2021 15:32

Os condutores que atravesan o túnel de Conxo dirección Pontevedra, en Santiago, quéixanse da localizacion dun radar de velocidade nun punto sen visibilidade, xusto á saída do túnel.

Recadou dous millóns e medio en tan só 72 días no ano pasado. Se facemos a conta, sae a algo menos de trinta e cinco mil euros por día, case vinte e cinco euros por minuto. 

Este radar á saída do túnel de Conxo emprégano non só os veciños do barrio, senón que moitos condutores que queren evitar a AP-9 dirección Pontevedra tamén pasan por aquí, é dicir, que esta vía soporta moito tráfico. 

E malia que non é un dos tramos máis perigosos da rede de Santiago, o Concello mantén o aparello activo nese punto, limitado a 50, varios meses ao ano. 

 

Noticias web

09/04/2021