Os concesionarios de Perillo únense na Primeira Feira do Automóbil de Oleiros para darlle pulo ao sector
Esta rúa de Perillo, no concello coruñés de Oleiros, acolle ata 12 puntos de venda de coches. É unha das zonas que concentra máis concesionarios en toda Galicia, que dan traballo a 450 persoas. Debido ao descenso nas vendas durante o ano pasado, de ata o 35 por cento con respecto a 2019, estes concesionarios decidiron unirse no Primeiro Salón do Automóbil de Oleiros. A feira ten como obxectivo reactivar un sector moi prexudicado pola sitación de pandemia.
"É un intento de darlle vidiña a esta tendencia que estamos levando ultimamente e xerar oportunidades tanto para nós coma para os clientes", di Jesús Somorrostro
O salón ofrece vehículos novos, de quilómetro cero, seminovos e de ocasión. Ata mil unidades cunhas condicións moi vantaxosas.
"No caso dos novos, agora mesmo, algún vehículo ten un 30% con respecto ao PVP, o prezo do coche... é moi importante, é unha cantidade interesante digamos", sinala Jesús Somorrostro
Este salón do automóbil celébrase ata o sábado. Neste primeiro día e ata media tarde, este concesionario xa realizou varias vendas.