CRTVG

Buscar

Os concellos poderán utilizar as instalacións educativas fóra do horario escolar para deporte e actividades

Publicado o 11/06/2021 16:46

As portas dos espazos deportivos dos colexios estarán abertas para todos os galegos fóra do horario escolar a partir do vindeiro curso.

O conselleiro de Euducación,  Román Ródríguez, destaca que se trata de "poñer á disposicion de toda a cidadanía dun concello as instalacións e os equipamentos deportivos abrindo os centros educativos á sociedade fóra dos períodos habituais de clase". 

A iniciativa cobra especial importancia nos municipios máis pequenos. O presidente da Fegamp, Alberto Varela, explica que é unha boa nova para os concellos máis pequenos "que teñen carencia de instalacións deportivas porque lles abre novas posibilidades". 

Moitos pais ven nesta proposta unha alternativa para os días de inverno en que o tempo non acompaña.

Co obxectivo de fomentar o deporte, a Xunta vai construír novos patios cubertos e pistas deportivas nos centros de ensino galegos.

Noticias web

11/06/2021