Os concellos poderán gastar o superávit para a recuperación económica da Covid
As comunidades autónomas e os concellos poderán gastar o superávit para investir nas necesidades derivadas da crise do coronavirus. É unha das propostas que acaban de ser aprobadas na Comisión de Reconstrución do Congreso. Unha comisión en que finalmente PSOE e PP non chegaron a un acordo para as conclusións finais.
Os concellos e as autonomías poderán utilizar o superávit para afrontar a recuperación económica tras a pandemia do coronavirus. É unha das iniciativas que saíu adiante na Comisión de Reconstrución do Congreso. Obtivo o voto a favor de todas as formacións presentes, agás o PSOE.
O imposto ás grandes fortunas, impulsado por Podemos, quedou finalmente fóra do documento ao non haber acordo entre os socios de goberno. PSOE e Unidas Podemos lograron o apoio de Ciudadanos para pactar as conclusións dos catro grupos de traballo: en materia sanitaria, económica, social e política europea.
O PSOE critica que o PP non se sumara ao acordo. O Partido Popular ve aínda marxe nas negociacións para poder introducir melloras no documento. O debate e aprobación final das medidas para a reconstrución económica e social será o día 22 no pleno do Congreso dos Deputados.