CRTVG

Buscar

Os concellos máis turísticos prepáranse para recibir visitantes doutros puntos de Galicia

Publicado o 16/03/2021 17:04

A mobilidade está no punto de mira nunha ponte que en circunstancias normais atrae a Galicia turistas de toda España. Este ano non será así, pero agárdanse moitos desprazamentos dentro da propia comunidade, e os concellos prepáranse para a chegada de visitantes.

Tamén a hostalería se prepara para a ponte. Cren que haberá ambiente e agardan a afluencia de clientes.

Estarán moi pendentes do cumprimento das normas, din que queren unha ponte segura para todos.

A ausencia de turistas de fóra da comunidade nótase nos hoteis, en Sanxenxo a maioría permanecen pechados.

A partir desta noite reforzaranse os controis por parte das forzas de seguridade co obxectivo de cumprir coas restricións de mobilidade que impón a pandemia.

Noticias web

16/03/2021