Os concellos do rural únense contra o peche de entidades bancarias
Publicado o 19/08/2021 15:26
Veciños de 9 localidades do rural galego veranse afectados polo peche de oficinas bancarias de varias entidades. En concellos como Campo Lameiro tan só tiñan unha sucursal.
O día a día de veciños e comerciantes verase totalmente trastocado por esta decisión. Para eles é un servizo imprescindible.
Sobre todo a xente maior terá serias dificultades para poder trasladarse a outra oficina.
Alcaldes das distintas forzas políticas uníronse para intentar frear os peches con accións de protesta. Din que se trata dunha decisión inxusta.
O concello de Campo Lameiro convocou unha protesta para venres 27 e declarará o presidente de Abanca Juan Carlos Escotet persoa non grata.